Hispanidade

Hispanidad


Bandeira da hispanidade, feita polo capitán uruguaio Ángel Camblor.

Membros

Europa

Asia e Oceanía

África

América

Hispanidade (Hispanidad en castelán) é un concepto político que apareceu a comezos do século XX para chamar ás persoas, países e comunidades que teñen o idioma español e posúen unha cultura relacionada con España. O termo quedou fixado ao utilizalo Ramiro de Maeztu na súa obra "Defensa de la Hispanidad" en 1934.[1] Adoita incluírse nela aos estados que teñen o castelán como lingua oficial e os seus falantes.

A idea de Hispanidade atópase ás veces asociada á chegada dos primeiros españois a América levados por Cristovo Colón, o 12 de outubro de 1492. Esa data é recordada en diversas nacións hispanas, aínda que con distintos nomes e significacións. Máis recentemente o termo foi relativamente cambiado por denominacións máis rechamantes como Iberoamérica ou expresións que fan referencia principalmente á lingua común como países «de fala hispana», ou literatura ou música «en español». Tamén se xeneralizou a identificación de «o latino», que en Estados Unidos se utiliza como sinónimo de "hispanic" (hispánico).

  1. HOLGUIN, S.E.; HOLGUIN, S. Creating Spaniards: Culture and National Identity in Republican Spain, University of Winsconsin Press, 2002, páx. 44

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search